Sunday 05 de May de 2024

Taller de expresións das emocións e mercado de produtos pola asociación Amicos no Xuño da Cultura e as Artes


A asociación Amicos está a exhibir na praza do Concello unha mostra dos seus traballos dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes.

Trátase dunha iniciativa con dúas vertentes: dun lado, dan cabida a uns talleres sobre a expresión das emocións e, de outro, un mercado con produtos plantados ou elaborados polos seus usuarios.

Properdis
Por outro lado, cómpre informar de que os membros de Properdis, Empresa de Inserción Laboral, concluíron xa os traballos de desbroce pola senda peonil do río Arlés en todo o curso dende o parque biosaudable de Artes ata Lobeiras en Oleiros.